Campus del Agua

Conferencia "Entre nubes: unha perspectiva xeral da aviación en España"

O día 20 de outubro comezaremos o que será o noso primeiro ciclo de conferencias, un ciclo que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A primeira conferencia, que terá lugar o xoves 20 de outubro ás 16.00 h no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico, levará por título Entre nubes: unha perspectiva xeral da aviación en España e será impartida por Pedro Francisco Pérez e Miguel Iruegas Parada, do aeroclub Aerocelta. A actividade deste club, tal e como poderán coñecer os asistentes á charla, céntrase en dous eixes fundamentais, como son a formación e o ocio. Aerocelta imparte en Vigo cursos de piloto privado de avión, de habilitación para voo VFR nocturno e de piloto de drones e os seus socios dispoñen ademais do avión do club para realizar todos os tipos de voo para os que están habilitados.


Ler a noticia completa no DUVI