Campus del Agua

Conferencia "Aerospace Engineering: the base to space"

O día 17 de novembro continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A segunda conferencia, que terá lugar o xoves 17 de novembro ás 18.00 h, na aula 2.1 do Edificio Politécnico, levará por título "Aerospace Engineering: the base to space" e será impartida por Fernando Aguado Aguelet, do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia, responsable da liña estratéxica aeroespacial da Universidade de Vigo, e que acaba de ser elixido novo membro da Academia Internacional de Astronáutica (International Academy of Astronautics, IAA).