Campus del Agua

Conferencia "Aerospace Engineering: a gate to outer space" CANCELADO

O día 11 de xaneiro de 2017 continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A terceira conferencia, que terá lugar o mércores 11 de xaneiro ás 16.00 h, no Salón de Actos Marie Curie do Edificio Politécnico do Campus universitario de Ourense, levará por título "Aerospace Engineering: a gate to outer space", será impartida polo Profesor Angelo Tafuni, da New York University Tandon School of Engineering, Doctor of Philosophy, Mechanical Engineering - Computational Hydrodynamics.


EVENTO CANCELADO

Por mor do temporal de neve que está azoutando o sur de Italia o profesor Angelo Tafuni non poderá visitar Ourense para impartir a conferencia que baixo o título "Aerospace Engineering: a gate to outer space" estaba prevista para o día 11 de xaneiro de 2017.

Desculpen as molestias ocasionadas.