Campus del Agua

Conferencia "A que altura está o firmamento?"

O día 9 de febreiro de 2017 continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A cuarta conferencia, que terá lugar o xoves 9 de febreiro ás 16.30 h, no Salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico do Campus universitario de Ourense, levará por título "A que altura está o firmamento?", será impartida por Jorge Mira Pérez, Catedrático da área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada de Universidade de Santiago de Compostela. En paralelo á súa actividade docente e investigadora comeza a finais dos anos 90 a realizar actividades de divulgación científica, que leva a cabo en televisión, radio e prensa, así como en accións coa participación de Premios Nobel.