Campus del Agua

Conferencia "Tether Missions to Explore Moons of the Giant Outer Planets”

O día 29 de marzo de 2017, ás 16.30 h, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A conferencia, que contará co patrocinio da Vicerreitoría do Campus de Ourense, terá lugar no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico e levará por título " Tether Missions to Explore Moons of the Giant Outer Planets " . Será impartida por Juan Ramón Sanmartín Losada, Doutor Enxeñeiro Aeronáutico e Físico, Catedrático Emérito da Escuela Técnica Superior de Ingenieros Aeronáuticos da Universidad Politécnica de Madrid. O relator falará sobre a busca de vida nas lunas dos catro Xigantes do Sistema Solar, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, que é considerado como un Santo Grial na Ciencia Espacial Planetaria, pero un traballo duro para a Enxeñería Aeroespacial porque están moi lonxe do Sol e da Terra. Como en anteriores ocasións finalizaremos cun coloquio.


Ler noticia relacionada no DUVI