Campus del Agua

Información sobre cursos

Cálculo técnico e científico con Matlab


Do 12 ao 26 de xaneiro de 2018

DIRECCIÓN: ARMESTO QUIROGA JOSE IGNACIO | 986812244, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PREINSCRICIÓN: de 20/11/2017 a 11/01/2018 | MATRÍCULA: do 04/12/2017 ao 11/01/2018

MODALIDADE: PRESENCIAL

CALENDARIO: 18, 19, 25 de xaneiro 2018; e 16 de febreiro de 2018

LUGAR: Aula informática B1 do Edificio Pavillón Manuel Martínez-Risco, Ourense.
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Máis información na web de Bubela


Gráficos e deseño 3D con Solidworks


Do 6 ao 15 de novembro de 2017

DIRECCIÓN: Manuel Pérez Vázquez | E.T.S. Enxeñeiros Industriais, 986812218 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
CODIRECCIÓN: Comesaña Campos, Alberto | E.T.S. Enxeñeiros Industriais, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PREINSCRICIÓN: de 25/09/2017 a 15/10/2017 | MATRÍCULA: de 09/10/2017 a 05/11/2017

MODALIDADE: PRESENCIAL

CALENDARIO: 6,7,8,13,14,15 de novembro de 2017

LUGAR: Aula informática B1 do Edificio Pavillón Manuel Martínez-Risco, Ourense.
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Máis información na web de Bubela


Drones International Congress


Do 31 de marzo ao 2 de abril de 2017

A "Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións" (AGGETT), xunto co Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (COGITT), son os encargados da organización do congreso Drones International Congress DIC Galicia'17.

Nesta primeira edición pretendese reunir na provincia de Ourense aos profesionais, expertos e empresas máis relevantes do panorama nacional e internacional no que se refire ao sector dos drons e as telecomunicacións, fomentando e promocionando un dos sectores máis en alza da comunidade galega, aportando coñecemento e experiencias innovadoras ao colectivo de graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións, así como ao público en xeral; ademáis, de resaltar o potencial deste sector no noso país, e que será unha das tecnoloxías do futuro, sen esquecernos de poñer en valor o colectivo das telecomunicacións que son unha parte importante no desenvolvemento de novas aplicacións e funcionalidades que nos ofrecen os drons.

Máis información na web de DIC Galicia'17


Introdución aos sistemas aéreos non tripulados


7 de xuño de 2017

O día 7 de xuño comeza o curso de formación en sistemas aéreos non tripulados (UAS), que acercará esta tecnoloxía a todo o alumnado de titulacións técnicas que queira ter un primeiro contacto con ela.

O curso será impartido por Higinio González Jorge, profesor Contratado Doutor da Área de Xeodesia e Teledetección da Universidade de Vigo, piloto certificado de drons dende o ano 2014. Ten experiencia tanto a nivel de desenvolvemento como operación con diversos sistemas aéreos non tripulados, tanto de ala fixa como rotatoria, así como no relativo a subsistemas de navegación e sensores de imaxe embarcados, tanto activos como pasivos. Pertence o comité AENOR - CTN28 de certificación de UAS. O curso tocará aspectos relativos aos diferentes subsistemas que compoñen un UAS, enerxía, navegación, control, propulsión e payloads, así como os relativos a lexislación actual ou operación.

Consulta o curso en Bubela



Información sobre cursos


Aréa virtual Bubela

Funciona como unha plataforma de xestión académica en liña para administrar ou dirixir os diferentes cursos que a Universidade de Vigo pon a disposición da comunidade universitaria e aos que se pode acceder a través de Internet.

Visita a web de Bubela


Servizo de Extensión Universitaria

Ocúpase da elaboración dunha ampla programación cultural estruturada por cuadrimestres, que englobla actuacións teatrais, concertos e espectáculos na rúa. Ao mesmo tempo prepara diferentes ciclos como Universium ou a Semana de Cine Submarino, cursos e obradoiros nos que abordan materias de interese formativo para o estudantado. Extensión Universitaria tamén se encarga de convocar os premios de creación artística, unha convocatoria anual dirixida a disciplinas como a creación audiovisual, a fotografía, pintura e maquetas musicais.

Visita a web do Servizo de Extensión Universitaria