Campus del Agua

Matrícula

Incorporación de estudantes


Para poder matricularse en primeiro curso por primeira vez en titulacións oficiais hai que ter concedida previamente a admisión. A preinscrición farase polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) a través dos procedementos telemáticos establecidos na súa web. O calendario de preinscrición pode consultarse na seguinte ligazón.

A nota de corte da titulación de Enxeñaría Aeroespacial no curso 2017-2018, polo procedemento xeral de admisión, foi de 10,914.

Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a persoa convocada pola CiUG para matricularse nunha titulación oficial, no momento no que a formalice a través da secretaría virtual, quedará matriculada independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non entregar a documentación e/ou non aboar os prezos públicos non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.


Matrícula


Resolución Reitoral do 30 de maio de 2018 pola que se publica a convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo para o curso académico 2018/19 para os ensinos de grao e titulacións a extinguir. (É importante ler a convocatoria antes da súa formalización).

Procedemento

A través da sección de Automatrícula

Tanto a xestión os trámites académicos como a información e consultas relacionadas coa matrícula no Grao en Enxeñaría Aeroespacial levaranse a cabo polo persoal da administración do edificio politécnico (Facultade de Ciencias e ESEI, na planta baixa).
O horario de atención ao público é de 8:30 a 14:30 horas (durante os meses de xullo, agosto e periodos non lectivos de Nadal e Semana Santa é de 9.00 a 14.00 horas).

Máis información


Prazos

1º Prazo: do 17 ao 19 de xullo de 2018
2º Prazo: do 24 ao 27 de xullo de 2018
3º Prazo: do 1 ao 3 de agosto de 2018
4º Prazo: do 29 ao 31 de agosto de 2018

5º Prazo: do 5 ao 7 de setembro de 2018
6º Prazo: do 11 ao 13 de setembro de 2018
7º Prazo: do 5 ao 9 de outubro de 2018
8º Prazo: do 15 ao 17 de outubro de 2018

O prazo rematará o 14 de setembro para quen se matricule nos períodos ordinarios dos meses de xullo e agosto. Cando se precise comprobar a veracidade dos datos persoais ou académicos, as unidades administrativas poderán requirir documentación sen necesidade de esperar ao remate do prazo.

Para quen se matricule nos meses de setembro e outubro o prazo será de 7 días naturais contados dende a formalización da matrícula.

Quen se matricule directamente no centro de estudos terá que entregala nese mesmo momento.

1º Prazo: do 17 ao 20 de setembro de 2018 (para calquera materia)

2º Prazo: do 4 ao 7 de febreiro de 2019 (só para materias do segundo cuadrimeste)

Quen se matricule nos meses de xullo e agosto, poderá solicitar a anulación total ata o 30 de setembro.

Quen se matricule de primeiro curso por primeira vez nos meses de setembro e outubro nos prazos fixados pola CiUG, no curso de adaptación ao grao (curso ponte) no mes de setembro no segundo prazo de admisión ou no chamamento da convocatoria de prazas vacantes no mes de novembro, poderá solicitar a anulación total no prazo de 30 días naturais a contar dende o día seguinte ao da formalización da matrícula.


Convocatoria de matrícula de grao na Uvigo 2018/19