As persoas que integran a Comisión de Calidade son elementos claves no desenvolvemento dos programas de calidade do centro. Ademais da súa participación activa nas funcións específicas da comisión, deben ser axentes dinamizadores da xestión da calidade no centro

Composición

Cargo Nome
Presidenta Mar García Señorán
Decana
Secretaria M. Carmen Ricoy Lorenzo
Coordinadora de Calidade M. Carmen Ricoy Lorenzo
Coordinación dos títulos Isabel Mociño González (Grao en Educación Infantil)
Ángeles Conde Rodríguez (Grao en Educación Primaria)
Antonio González Fernández (Grao en Educación Social)
Francisco Javier Aguiar Fernández (Grao en Traballo Social)
F. Javier García Núñez (Máster en Dificultades)
Mª Pino Díaz Pereira (Máster en Diversidade)
Ramón Ángel Fernández Sobrino (Máster en Profesorado)
Enlace de Igualdade M. Carmen Ricoy Lorenzo
Rep. do profesorado Fernando Tellado González
Rep. do estudantado Sara Martínez Carreara
Representante do PAS Raquel Mª Iglesias Domínguez
Rep. dos egresados/as Santiago Pato Rodríguez
Rep. da sociedade Jesús Deibe Fernández Simo

 

Regulamento

Regulamento da Comisión de Calidade

 

Funcións

  • Debater e validar se procede a proposta da política e os obxectivos de calidade.
  • Debater e validar se procede a proposta do manual de calidade e os procedementos do SGIC do centro.
  • Realizar o seguimento dos distintos programas ligados á mellora da calidade no centro e titulacións adscritas, así como propoñer as melloras pertinentes.
  • Colaborar coa implantación, desenvolvemento e seguimento do SGIC.
  • Debater, propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade, co fin de potenciar continuamente a calidade da docencia en todos os medios e procesos que nela inflúen, mediante unha colaboración constante cos departamentos e outros órganos colexiados que teñan responsabilidades neste ámbito.
  • Participar activamente en todos os procesos académicos relativos á oferta formativa do centro (novas titulacións, modificación, suspensión ou extinción das existentes), elaborando un informe valorativo se o consideran oportuno ou é procedente de acordo coa normativa vixente.
  • Intercambiar, debater e propoñer a participación do centro en plans institucionais, nacionais e internacionais en materia de calidade.