Campus del Agua

Mobilidade internacional

Programas de Mobilidade internacional
Programa Convocatoria Prazo de solicitude Solicitude
Prazo Comezo Fin
Erasmus+ estudos RR 06/02/2019 1º prazo 07/02/2019 28/02/2019 Secretaría virtual
Erasmus+ prácticas RR 27/05/2019 1º prazo 28/05/2019 14/06/2019 Secretaría virtual
ISEP RR 20/11/2018 único 21/11/2018 11/01/2019 Secretaría virtual
GE4 RR 27/12/2018 único 28/12/2018 25/01/2019 Secretaría virtual
Bolsas de intercambio UVIGO RR 15/02/2019 único 18/02/2019 05/03/2019 Secretaría virtual
Santander (Grao) RR 15/02/2019 único 18/02/2019 05/03/2019 Secretaría virtual
Libre mobilidade Normativa único 01/01/2019 31/12/2019 Secretaría virtual

Convocatoria aberta | Convocatoria pechada


Erasmus+ estudos


O programa Erasmus+ estudos facilita cursar un período de estudos (un semestre ou curso completo) noutra universidade europea coa que exista o convenio correspondente, con total recoñecemento académico dos estudos realizados.

Antes de comezar a estadía, débese cumprimentar o contrato de estudos ou learning agreement. Este documento, que debe ser aprobado e asinado polas persoas coordinadoras de mobilidade do centro propio e de destino, establece as materias cursadas na universidade de destino que serán recoñecidas localmente.


Erasmus+ prácticas


O programa Erasmus+ prácticas oferta un mínimo de 65 prazas para realizar un período de prácticas (entre 2 e 12 meses) en empresas, centros de ensino superior, centros de investigación e outras organizacións doutro país europeo.


ISEP


O programa ISEP permite que o estudantado de últimos cursos de grao (3º e 4º) ou de posgrao da Universidade de Vigo realice nunha universidade estadounidense un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro/xaneiro ou xaneiro-maio/xuño) elixindo entre máis de 150 universidades e unha ampla gama de programas de estudos.


GE4


A Oficina de Relacións Intemacionales (en diante ORI) da Universidade de Vigo participa no programa de intercambio co GE4 para as escolas de enxeñería, dentro do acordo existente entre ambas as institucións. O GE4 eé unha asociación que ten como obxectivo promover os intercambios de excelencia de estudantes e docentes no ámbito da enxeñería.

Os intercambios efectúanse en réxime de reciprocidad coas distintas universidades que forman a rede GE4. Nesta convocatoria ofértanse 3 prazas cuadrimestrais para o primeiro cuadrimestre do curso 2019-20. A Universidade de Vigo recibirá ao mesmo tempo un grupo de estudantes das universidades do GE4 que cursarán parte dos seus estudos nos centros da Universidade de Vigo.


Bolsas de intercambio UVIGO


A Universidade de Vigo, dentro do seu programa de mobilidade internacional, financia mediante bolsas de intercambio propias, estadías de estudo (un semestre ou curso completo) en diversas universidades de todo o mundo en función dos distintos convenios establecidos.


Bolsas Iberoamérica Grao Santander-Universidades


Estas bolsas están destinadas a estudantado de grao para cursar un semestre ou un curso completo en determinadas universidades de América latina. Establécese como requisito académico ter superados 120 ECTs no momento de comezar a estadía.

Esta bolsa pode ser compatible cunha bolsa propia para o mesmo destino. Poderían gozar da bolsa un cuadrimestre e a bolsa propia no seguinte cuadrimestre.


Libre mobilidade


A Universidade de Vigo permite a realización de mobilidade internacional por iniciativa propia do estudantado, fóra dos programas oficiais de intercambio. Nestos casos, realizase unha estadía académica temporal noutra universidade estranxeira cursando un programa formativo compatible co da titulación da UVigo, sen a concesión dunha praza de mobilidade dun programa oficial de intercambio.

O programa formativo que se desenvolverá na universidade de destino ten que ser aprobado previamente pola persoa coordinadora de mobilidade do centro. No caso do estudantado de grao é necesario ter superados polo menos 60 ECTs antes de realizar a estadía.

Proposta de estudos
Certificado de estadía