Campus del Agua

Iván Area Carracedo

Iván Area Carracedo

Profesor Titular de Universidade

Area de Matemática Aplicada

Departamento de Matemática Aplicada II


Información de contacto

E.E. Aeronáutica e do Espazo

Despacho 35
Pavillón Manuel Martínez-Risco
Campus Universitario
32004 Ourense

 

  +34 988 387 247
area@uvigo.es

Espazo web en UVIGO

Curso 2017-2018: Docencia


PRIMEIRO PERIODO:

Grao en Enxeñaría Espacial

SEGUNDO PERIODO:

Grao en Enxeñaría Espacial


Curso 2017-2018: Titorías


PRIMEIRO PERIODO:

L: 9-10 e 16-19 / Me: 9-10 1

SEGUNDO PERIODO:

V: 9-15

PERIODO SEN DOCENCIA:

V: 9-15

(L: luns | M: martes | Me: mércores | X: xoves | V: venres)
1 Campus de Ourense / 2 Campus de Vigo (Industriais, sede Campus) / 3 Campus de Vigo (Industriais, sede cidade)


Breve reseña


Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1994. Doutor en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Vigo en 1999. Desde o ano 2000 é Profesor Titular de Universidade no Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo. Impartiu docencia universitaria no Campus de Vigo desde o curso 1995-1996, e ten concedidos catro quinquenios docentes. Premio ao profesor mellor valorado de primeiro ciclo dos estudos de Enxeñaría de Telecomunicación durante os cursos 1999-2000, 2001-02 e 2002-03. Ten o recoñecemento da Escola de Enxeñaría Industrial polo seu excelente labor docente nos cursos 2011-2012, 2012-2013 e 2013-2014. Incorpórase ao novo grao en Enxeñaría Aeroespacial no Campus de Ourense no curso 2016-2017. Ten recoñecidos tres sexenios de investigación. Os seus intereses de investigación son a os polinomios ortogonais, as funcións especiais e as súas aplicacións, e o cálculo fraccionario, actividades que desenvolve a través de numerosas colaboracións internacionais. Nos últimos anos, parte da súa actividade investigadora tamén inclúe modelos matemáticos que permitan explicar o avance de enfermidades como o Ébola ou o Zika, así como no número de aliñamentos do ADN. É autor de perto de 70 publicacións en revistas indexadas no Journal Citation Reports, das que máis de 20 están no primeiro cuartil Q1.