Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

29/05/2026

O congreso internacional que celebra periodicamente o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense arredor dos recursos hídricos e a agroalimentación, xa ten datas e temática. A súa sexta edición terá lugar os días 8 e 9 de outubro e nesta ocasión centrarase na innovación aeroespacial aplicada á xestión ambiental e agraria.

Este VI Congreso Internacional do Campus Auga, que ten por lema Sistemas aeroespaciais para respostas multisectoriais ante desafíos ambientais, está organizado pola Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Vicerreitoría do Campus de Ourense e promovido polo Campus Auga, proxecto de especialización acreditado e financiado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Conta ademais co patrocinio da Deputación de Ourense. “Nun escenario global marcado pola presión sobre os recursos naturais, a intensificación dos fenómenos climáticos extremos e a necesidade de avanzar cara a modelos de desenvolvemento máis sostibles, este congreso propón unha mirada integradora e estratéxica sobre o potencial das tecnoloxías aéreas e espaciais”, sinalan desde o comité organizador, presidido por Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Nieves Lorenzo, directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. 

 

Ler a nova completa no DUVI