Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

30/01/2026

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense ten convocada a cuarta edición do seu certame de fotografía AeroVision. Nel convídase ás persoas interesadas a presentar as súas mellores imaxes no ámbito aeronáutico e/ou espacial. A iniciativa celébrase co gallo da conmemoración do Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados e do Día da Cosmonáutica o 12 de abril.

Cada persoa pode participar cun máximo dunha obra, tendo que ser orixinal e inédita e non presentada con anterioridade noutros concursos, webs ou calquera outro medio dixital ou impreso. As imaxes deben amosar situacións, paisaxes ou circunstancias relacionadas co ámbito aeronáutico e/ou aeroespacial. Admítense obras en branco e negro e en cor realizadas mediante calquera técnica fotográfica. As propostas teñen que enviarse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. cumprindo unha serie de requisitos recollidos nas bases (como formato jpeg, tamaño máximo de 5MB e resolución mínima de 200 ppp). Ademais do título da fotografía e autoría, deberá incluírse unha descrición en cinco liñas da imaxe coa adecuación á temática do concurso. A data límite de recepción de fotos é o 20 de marzo de 2026 ás 23.59 h.

Ler a nova completa no DUVI